SergasApp era unha pequena aplicación non oficial para a solicitude, consulta e cancelación de citas de atención primaria no SERGAS (Servizo Galego de Saúde).
A aplicación dispoñía das seguintes opcións:
- Solicitude de citas
- Consulta de citas
- Cancelación de citas
- Xestión de varias tarxetas sanitarias
A aplicación foi desenvolvida utilizando PhoneGap, jQuery e jQuery Mobile.
Na actualidade a aplicación non funciona debido ós últimos cambios na web do SERGAS. Foi publicada unha aplicación alternativa chamada SergasApp 2 que está dispoñible na seguinte URL: https://bitbucket.org/TurryBoeing/sergasapp
O código fonte da aplicación está dispoñible no repositorio Git en http://github.com/mrego/sergasapp
Podedes atopar máis información sobre a aplicación na súa páxina web: http://mrego.github.com/sergasapp/
SergasApp está publicada baixo os termos da Licenza Pública Xeral de GNU versión 3 (GNU General Public License version 3).
Esta aplicación foi desenvolvida por Manuel Rego Casasnovas <[email protected]>.